Que é o Modo galego,
actívao!
Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción en dinamización lingüística que desenvolven a Real Academia Galega, o Concello de Ames e o Concello de Rois, coa participación indispensable da comunidade educativa dos municipios e o apoio da Xunta de Galicia. Con el, preténdese explorar novos xeitos de dinamizar a lingua entre a xente máis nova e avaliar os resultados das actividades.
O proxecto botou a andar no ano 2021, tras a publicación do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, un amplo traballo de investigación que permitiu establecer a diagnose de partida. Dende aquela, baixo o paraugas do Modo galego, actívao! desenvolvéronse moitas e diversas accións orientadas á rapazada, ás familias e ás e aos profesionais da educación formal e non formal.
Concellos participantes no proxecto:
Concello de Rois (ábrese nunha ventá nova)
Servizo de Normalización Lingüística
- Teléfono: 981 804 109
- Correo electrónico: inmaculada.seage@rois.gal
- Web: rois.gal (ábrese nunha ventá nova)