1. Responsable do tratamento
- Real Academia Galega (RAG), CIF Q1568003F, rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña
- Correo electrónico: secretaria@academia.gal
- Delegado de protección de datos (DPO): [dpo.cliente@conversia.es]
O tratamento réxese polo Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos (RXPD), e pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
2. Que datos tratamos
- Visitantes da parte pública: non recollemos datos persoais. O servidor só garda, por seguridade, os rexistros técnicos habituais (enderezo IP, data e hora) durante un tempo limitado.
- Rexistro de aulas: nome da aula, curso, centro e concello, e o correo electrónico da persoa titora, que é o único dato persoal. Recoméndase usar o correo corporativo do sistema educativo galego.
- Coordinación dos centros: o correo electrónico da persoa coordinadora.
- Contidos que publican as aulas (textos, imaxes e vídeos) e os resultados do Activador MGA!, que se gardan por aula e non conteñen datos do alumnado.
- Consultas: os datos que nos facilites no formulario de contacto, para responderche.
3. Finalidade
Os datos úsanse exclusivamente para xestionar o rexistro e o acceso das aulas, desenvolver o programa e enviar as comunicacións necesarias (altas, avisos e respostas a consultas). Aplicamos o principio de minimización: só pedimos os datos imprescindibles.
4. Base xurídica
O consentimento da persoa que rexistra a aula (artigo 6.1.a do RXPD) e o cumprimento dos fins de interese público da RAG (artigo 6.1.e). [Revisar coa asesoría xurídica.]
5. Conservación
Os datos das aulas e os contidos publicados consérvanse só durante a edición do programa en curso e elimínanse ao seu remate. Os datos das consultas consérvanse o tempo necesario para respondelas.
6. Destinatarios
Non cedemos datos a terceiros, salvo obriga legal. As persoas coordinadoras de cada centro acceden aos datos das aulas do seu centro para validar o rexistro. Os provedores técnicos de aloxamento e mantemento da web tratan os datos por conta da RAG, cun contrato de encargado do tratamento e dentro da Unión Europea. Non se realizan transferencias internacionais.
7. Dereitos
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e retirar o consentimento en calquera momento, escribindo a secretaria@academia.gal ou por correo postal ao enderezo da RAG. Tamén podes contactar co DPO. Se consideras que o tratamento non é axeitado, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
8. Seguridade
Aplicamos as medidas técnicas e organizativas que esixe o RXPD: conexión cifrada (HTTPS), acceso restrinxido segundo o perfil de cada persoa usuaria, contrasinais cifrados e copias de seguridade do servidor. A web non é un servizo de arquivo: a RAG non se responsabiliza da perda accidental de datos ou ficheiros antes do borrado programado ao remate de cada edición.
9. Cookies
Este sitio web só usa cookies técnicas, necesarias para o seu funcionamento e exentas de consentimento (artigo 22.2 da LSSI):
|
Cookie ou almacenamento |
Para que serve |
Duración |
|---|---|---|
|
wordpress_logged_in_, wordpress_sec_ |
Manter a sesión iniciada na zona privada |
Ata pechar a sesión ou 14 días se se marca «Lembrarme» |
|
wordpress_test_cookie |
Comprobar que o navegador acepta cookies ao iniciar sesión |
Sesión |
|
Almacenamento local do navegador |
Lembrar se o son do Activador MGA! está silenciado |
Ata borralo no navegador |
Non usamos cookies analíticas, publicitarias nin de redes sociais. Os vídeos de YouTube insírense en modo de privacidade mellorada: YouTube non instala cookies ata que se reproduce o vídeo, e a partir dese momento aplica a política de privacidade de Google. Podes borrar ou bloquear as cookies desde a configuración do teu navegador.
10. Cambios
Podemos actualizar esta política para adaptala a cambios normativos ou do servizo. Publicarase sempre a versión vixente, coa súa data de actualización.