Aviso legal

Termos de uso

1. Titular do sitio web

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), infórmase de que o sitio web modogalego.gal é titularidade da Real Academia Galega (RAG):

  • Denominación: Real Academia Galega
  • CIF: Q1568003F
  • Enderezo: rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña
  • Correo electrónico: secretaria@academia.gal

2. Obxecto

modogalego.gal é o sitio web do programa Modo galego, actívao! (MGA!), un proxecto de dinamización lingüística xestionado e operado pola RAG en colaboración cos concellos [Ames e Rois] e cos centros educativos participantes.

3. Aceptación

A navegación polo sitio web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena deste aviso legal, na versión publicada en cada momento.

4. Condicións xerais de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso axeitado del e, en particular, a non:

  • realizar actividades ilícitas, fraudulentas ou contrarias á boa fe;
  • atacar, danar ou sobrecargar os sistemas, nin introducir virus ou código malicioso;
  • acceder sen autorización a zonas restrinxidas nin suplantar a identidade doutras persoas;
  • levar a cabo calquera conduta que dane os intereses da RAG, dos concellos, dos centros educativos ou de terceiros.

5. Condicións específicas de participación

Estas condicións xerais aplícanse a calquera visitante. O acceso á zona privada e a participación activa no programa réxense, ademais, polos Termos e condicións de participación no MGA!, que regulan a subida de contidos, a contorna pechada e o borrado ao remate de cada edición. En caso de contradición no relativo á operativa das aulas, prevalecen as condicións específicas.

6. Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos sobre o software, o deseño gráfico, os textos institucionais, os logotipos e a arquitectura do sitio web son titularidade exclusiva da RAG ou de terceiros que autorizaron o seu uso. Prohíbese a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou extracción, total ou parcial, sen autorización expresa.

Os contidos (imaxes, textos, debuxos e outros materiais) subidos polos centros educativos participantes réxense polo establecido na cláusula de propiedade intelectual dos Termos e condicións de participación no MGA!. As súas persoas autoras orixinais conservan a titularidade.

7. Responsabilidade

A RAG aplica medidas razoables para o bo funcionamento e a seguridade do sitio web, pero non garante a ausencia total de vulnerabilidades, erros ou interrupcións, nin se fai responsable das caídas do servidor nin dos danos que puidesen derivar delas. O sitio web non é un servizo de arquivo nin de copia de seguridade dos contidos.

8. Ligazóns a sitios de terceiros

Conforme ao artigo 17 da LSSI, a RAG actúa como intermediaria respecto das ligazóns a sitios web de terceiros e non se responsabiliza do seu contido, dispoñibilidade nin políticas. A inclusión dunha ligazón non implica relación nin recomendación.

9. Canle de comunicación e denuncia

Calquera persoa pode comunicar contidos ilícitos ou inadecuados, ligazóns rotas ou materiais que vulneren dereitos escribindo a secretaria@academia.gal. A RAG estudará cada comunicación e actuará con dilixencia.

10. Lexislación aplicable

Este aviso legal réxese pola lexislación española. Para calquera controversia, as partes sómétense aos xulgados e tribunais que correspondan conforme á normativa vixente.